Nules
Nules
Municipio da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana (11.542 h [2001]). A economía baséase no sector terciario, que ocupa a máis da metade da poboación. Tamén destaca a agricultura, con predominio do regadío, dedicada maioritariamente ás laranxeiras. Nas terras de secaño cultívanse ervellacas e oliveiras. A industria está moi diversificada.