nulidade

nulidade

(< nulo)

  1. s f

    Calidade de nulo.

  2. s

    Persoa que non vale nada para unha determinada actividade.

    Ex: El cre ser un grande escritor, pero e é unha nulidade.

  3. s f [DER]

    Invalidez dun negocio xurídico. No dereito civil a situación de invalidez é determínase por vicios que converten en nulos os actos xurídicos e poden ser: contradición de normas imperativas, falta dalgún requisito esencial ou ilicitude da causa. A nulidade plena ou absoluta prodúcese cando é ditada por un órgano manifestamente incompetente e cando o acto ten un contido imposible ou constitutivo de delito.

  4. recurso de nulidade [DER]

    recurso de nulidade.

Palabras veciñas

Nukus | Nuku’alofa | Nules | nulidade | nulípara | nulíporo -ra | nulisómico -ca