Núñez Búa, Xosé

Núñez Búa, Xosé

Xurista, mestre e escritor. Formou parte da sección de Etnografía do Seminario de Estudos Galegos, recompilou materiais para o Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza da revista Nós e participou na redacción dos xornais El Pueblo Gallego e Galicia. Tras a Guerra Civil Española fuxiu do cárcere e emigrou a Arxentina, onde retomou a súa condición de xornalista na revista Galicia emigrante e como colaborador de Galeuzca. Ademais, participou no número extraordinario que A Nosa Terra tirou do prelo en homenaxe a Castelao. Foi promotor do Instituto Argentino de Cultura Gallega de La Plata e secretario da Agrupación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas. Unha parte dos seus traballos publicados en Galicia Emigrante, en que se inclúen diversas crónicas cheas de humor, froito da súa relación cos principais intelectuais galeguistas da época, foron editados baixo o título de Revoreira (1971).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Cotobade

  • Deceso

    Lugar : La Plata