Odín

Odín
[MIT]

Deus supremo da antiga relixión nórdica, que se corresponde co saxón Wodan e co antigo alto-alemán Wuotan. Fillo de Borr e de Bestla, pai de Bardl, no panteón xermánico figura como ‘pai universal’, ‘gobernador do ceo e da terra’ e ‘creador’. Era o encargado de xulgar aos guerreiros e decidir se lle permitiu o paso ao Valhalla. Os romanos identificárono con Mercurio (de aí o nome inglés Wednesday en lugar do latino Mercurii).