Odilo, santo

Odilo, santo

(Auvernia 962? - Souvigny 1049) Quinto abade de Cluny (994-1049). Reconstruíu parte das edificacións da abadía e contribuíu á súa expansión. Reformou mosteiros beneditinos de España, Francia e Italia. Instituíu na súa orde a conmemoración dos Defuntos cada 2 de novembro e a Igrexa fíxoa universal con posterioridade. Represéntase vestido de abade con báculo. A súa festividade celébrase o 1 de xaneiro.

Palabras veciñas

odiar | Odienné | Odilia de Huy, santa | Odilo, santo | Odilo/Odilia | Odilón/Odila | Odín