Odilia de Huy, santa

Odilia de Huy, santa

(s III?) Virxe e mártir. Foi unha das 11.000 virxes que, segundo a lenda, foron compañeiras de santa Úrsula. Puido morrer a mans dos hunos en Colonia á volta da súa peregrinaxe a Roma e os seus restos foron trasladados a Bélxica no s XIII. Represéntase con coroa na cabeza, unha frecha na man e cobre as súas irmás cun manto. A súa festividade celébrase o 14 de decembro.

Palabras veciñas

odia | odiar | Odienné | Odilia de Huy, santa | Odilo, santo | Odilo/Odilia | Odilón/Odila