Onésimo, santo
Onésimo, santo
(? - Puzzuoli? 95) Mártir. Foi escravo de Filemón, un cristián da vila frixia de Colosas, de quen fuxiu. San Paulo acolleuno, converteuno ao cristianismo e intercedeu por el ante o antigo amo. Atribúeselle un bispado en Macedonia e é o patrón dos servos e criados. A súa festividade celébrase o 16 de febreiro.