Oneşti
Oneşti
Cidade do judeţ de Bacau, Romanía (60.633 h [1998]). Entre 1965 e 1990 recibiu o nome de Gheorghe Gheorghiu-Dej. É un centro industrial onde destacan as industrias químicas de caucho sintético, unha central térmica e unha refinaría de petróleo.