Onkelos
Onkelos
Tradutor. Suposto converso ao xudaísmo, a súa existencia quedou reflectida no Talmud, no que se narran multitude de lendas. Considérase o creador da versión aramea do Pentateuco, coñecida como a versión de Onkelos, nome que seguramente xurdiu dunha deformación do nome Aquila, tradutor do mesmo texto para a súa difusión entre os xudeus de fala grega.