Onofre

Onofre
[ONOM]

Antropónimo masculino de orixe incerta, que parece ser un dos poucos nomes do antigo Exipto que chegou á antroponimia galega. Nas fontes latinas aparece como Onuphrius, probable adaptación do nome copto Uenofre, do exipcio antigo Wnn-nfrw (Onnophris na transcrición grega). Considerado como o epíteto do deus Osiris resucitado, significaría ‘o que é sempre feliz’. A súa festividade celébrase o 12 de xuño.

Palabras veciñas

Onkelos | Onobrychis | onocrótalo | Onofre | Onofre, santo | Onofri, Arturo | onomancia