Organización do Tratado do Atlántico Norte
Organismo creado en 1949 para oporse ao Pacto de Varsovia (1949). Os países que se comprometeron foron Bélxica, Canadá, Dinamarca, EE UU, Francia, Islandia, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Portugal e Reino Unido. Posteriormente foron admitidos Grecia e Turquía (ambos os dous en 1950), Alemaña (1955) e España (1982). En 1999 incluíronse Hungría, Polonia e República Checa. A última ampliación foi con Bulgaria, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Lituania, Letonia e Romanía (2004). A súa estrutura está formada polo Consello do Atlántico Norte, composto por un representante de cada país membro, e as decisións tómanse por unanimidade. O seu órgano executivo é o Estado Maior Militar Internacional. Coa mingua das tensións entre Oriente e o Occidente, a OTAN decidiu (marzo de 1990) reducir o seu arsenal nuclear en Europa. En novembro de 1990 a OTAN e o Pacto de Varsovia asinaron a paz. Entre 1995 e 1999 o español F. J. Solana Madariaga foi o seu secretario xeral.