Organización Europea de Cooperación Económica

Organización Europea de Cooperación Económica
Nome científico: [OECE; fr: Organisation Européenne de Coopération Economique]

Organismo creado en 1948 en París para administrar o Plan Marshall. Composto inicialmente por Austria, Bélxica, Dinamarca, Francia, Reino Unido, Grecia, Holanda, Irlanda, Islandia, Italia, Luxemburgo, Noruega, Portugal, Suecia, Suíza e Turquía, en 1949 incorporouse a República Federal de Alemaña e en 1959 España. Promotora da liberación dos intercambios comerciais e da integración rexional en mercados, a creación da CEE e da EFTA forzaron unha renovación, motivo polo que foi disolta en 1961 para converterse, ampliada, na OCDE.