Organizacións Internacionais Católicas

Organizacións Internacionais Católicas
Nome científico: [OIC]

Conxunto de asociacións de confesión católica e maioritariamente laicas que se caracteriza por un obxectivo apostólico, realizado a nivel internacional en tanto que institucións específicas e que, como tales, son recoñecidas e inscritas pola Santa Sé, que intervén tamén na aprobación de estatutos e nomeamentos de presidentes e conselleiros. Moitas gozan dun estatuto consultivo ante a ONU, a UNESCO, a FAO ou o Consello de Europa.