organizador -ra
(
-
adx e s
Que ou quen organiza.
Ex: O comité organizador quedou moi contento co comportamento do público. Os organizadores decidiron suspender o acto.
-
[BIOL]
-
s
m
Parte dun embrión capaz de exercer unha influencia química que no decurso do desenvolvemento embrionario orixina procesos de diferenciación dos tecidos. Inicialmente Spemann extirpou o beizo dorsal da gástrula do limpafontes e, transplantándoo á rexión ventral doutra gástrula, obtivo un novo embrión. Concluíu que o organizador debía ser polo menos tan grande como a rexión que máis tarde se converte en notocorda e metámero, se ben o poder organizador é máis grande no centro desta rexión. En 1938 demostrou que diferentes zonas do organizador presentan diferentes propiedades, que inducen á formación de órganos diferentes.
-
centro organizador
centro organizador.
-
s
m
-
organizador previo
[EDUC]
Recurso didáctico que ten como función establecer unha relación entre os coñecementos previos dun alumno e os novos coñecementos que se queren facer adquirir. Os organizadores previos constitúen un dos elementos integrantes da teoría da aprendizaxe de David Ausubel.