órgano
(
-
-
s
m
[BIOL]
Agrupación de diversos tecidos que forman unha unidade estrutural encargada do cumprimento dunha función determinada nun vexetal ou nun animal. O conxunto de órganos con orixe embrionaria común e cunha función relacionada constitúen un aparato.
-
s
m
[ZOOL]
Parte do corpo que, a pesar de estar constituído por elementos que proveñen de sistemas diversos, constitúe unha unidade para a función ou as funcións determinadas que exerce. Así fálase, entre outros, de órgano acústico ou de Corti, do gusto (papilas da mucosa lingual), do olfacto (rexión superior da pituitaria onde están as ramificacións do nervio olfactorio) ou da visión (nervio óptico, globo ocular ou pálpebras).
-
órgano de fonación /
[ANAT/LING]
Cada un dos órganos do corpo humano que participan na produción de emisións fónicas. Recoñécense tres sistemas: o aparato xerador de corrente aérea (pulmóns, traquea), o aparato fonador (larinxe), que pon en vibración aquela corrente, e o aparato articulatorio (lingua, labios), que matiza e amplifica certos trazos acústicos da onda.
-
s
m
[BIOL]
-
s
m
[TECNOL]
Peza, dispositivo ou mecanismo dunha máquina que serve para producir, absorber, transmitir ou guiar un esforzo, un momento ou un movemento. Fálase de órganos ou elementos de unión (remaches, chavetas, parafusos), órganos para movementos de rotación (chumaceiras, eixes), órganos para a transmisión de potencia entre eixes (rodas dentadas, correas, cadeas), órganos de construción de máquinas motrices (pistóns, cegoñais, bielas) e órganos de canalización (tubos, manguitos, válvulas)
-
s
m
-
Instrumento ou medio que serve para levar a cabo unha acción.
-
Medio de difusión voceiro das ideas dun grupo, partido, entidade ou sociedade.
-
[DER/ADM]
Unidade administrativa integrada por unha esfera de atribucións e competencias e unha serie de medios materiais, que son exercidos e utilizados por unha ou máis persoas adscritas á unidade indicada.
-
-
[MÚS]
-
s
m
Instrumento aerófono formado por un conxunto de tubos que se accionan mediante un teclado que pon en movemento uns foles situados debaixo dos tubos. O son prodúcese cando, ao premer unha tecla, o instrumento permite o paso do aire comprimido ao tubo, onde hai unha lingüeta metálica no bordo dunha abertura en bisel que vibra cando se pon en movemento a columna de aire do interior do tubo. Posúe varios teclados manuais (dous ou tres) e un teclado de pedais que se combinan mediante un mecanismo que permite crear unha melodía e un acompañamento simultaneamente. Remóntase á Antigüidade clásica, aínda que as súas dimensións e complexidade eran menores. Na Idade Media o instrumento foi perfeccionándose polo labor musical e organolóxico dos mosteiros e catedrais. O punto culminante de perfección e complexidade instrumental foi o Barroco, época en que se construíron os órganos máis espectaculares. En Galicia houbo unha gran tradición de organistas e mestres de capela que compuxeron infinidade de obras, a maioría relixiosas, para este instrumento. Dos órganos máis importantes de Galicia destacan o da Catedral de Santiago de Compostela, o da Catedral de Lugo ou o da colexiata de Xunqueira de Ambía.
-
órgano de manivela
Instrumento musical que se fai soar mediante unha manivela xiratoria que acciona un cilindro ou un prego (de papel ou de cartón perforado) pechado dentro dunha caixa, xeralmente en forma de piano. A súa sonoridade é semellante á dun piano, pero con timbres e campaíñas incorporadas.
-
órgano electrónico
Instrumento electrónico en que os diferentes sons e timbres se obteñen por medios electrónicos ou, nalgúns casos, electromecánicos. O seu elemento principal é o xerador de son, que pode ser electrónico puro ou electromecánico. Os diferentes sons, producidos polos xeradores, mestúranse e combínanse mediante circuítos axeitados accionados polo teclado. Os amplificadores accionan un ou máis altofalantes e o volume regúlase mediante un pedal. A maioría destes órganos teñen, ademais, unha serie de dispositivos accesorios, como circuítos de vibrato, reverberación, percusión, repetición e xeradores automáticos de ritmo. O precursor destes instrumentos foi o telharmonium, fabricado en 1904 por T. Cahill.
-
s
m
-
s
m
[BÉL]
-
Arma que consistía nun conxunto de canóns de arcabuz ou de fusil, que podían ser disparados de golpe ou un a un. Empregábase, sobre todo, a bordo dos buques.
-
Termo que se aplicou durante a Segunda Guerra Mundial aos lanzafoguetes múltiples do exército soviético. Fíxose famoso o de J. Stalin.
-