organoclorado -da
organoclorado -da
(< organo- + clorado)
-
adx
[QUÍM]
Aplícase ao composto orgánico que contén cloro dentro da súa molécula, e especialmente aos praguicidas orgánicos clorados.
-
s
m
[QUÍM]
Nome xenérico dun grupo de compostos orgánicos que teñen cloro como constituínte. Teñen unha grande actividade biolóxica e a súa acción perdura moito no tempo. En moitas ocasións os organoclorados utilizados como insecticidas son substituídos por organofosforados, menos persistentes.