organofosforado -da

organofosforado -da

(< organo- + fosforado)

  1. adx [QUÍM]

    Aplícase ao composto orgánico que contén fósforo dentro da súa molécula, e especialmente aos praguicidas que actúan inhibindo a colinesterase, enzima que hidroliza a acetilcolina.

  2. s m [QUÍM]

    Nome xenérico dos compostos orgánicos que teñen fósforo como constituínte. Son empregados como plastificantes, fertilizantes e insecticidas. A súa vida media é moito máis curta ca a dos organoclorados.