organoléptico -ca

organoléptico -ca

(< órgano + grληπτικὁς ‘receptivo’)

  1. adx

    Que produce un efecto ou impresión ao tacto, gusto ou olfacto.

  2. adx [ALIM]

    Aplícase aos caracteres dos alimentos (cor, olor, aroma, sabor, textura) que perciben os órganos dos sentidos (vista, olfacto, gusto, tacto e oído).

    Sinónimos: sensorial.
  3. adx [MED]

    Aplícase ás propiedades dun medicamento que afectan ás impresións sensoriais, principalmente as relativas ás características do sabor e olor, e tamén en menor extensión ao aspecto visual (cor, brillo) e táctil (lisura, rugosidade).