Otilia, santa

Otilia, santa

Relixiosa, filla de Adalrico, conde de Alsacia. Naceu cega e o seu pai quíxoa matar pero a nai conseguiu evitalo e levouna a un mosteiro preto de Besançon, onde se criou. Fundou os mosteiros de Hohenburg e Niedermunster, en Mont Sainte-Odile, dos que foi abadesa. A súa lenda di que salvou a alma do seu pai do purgatorio e que resucitou para recibir a comuñón dun anxo. A súa festividade celébrase o 14 de decembro.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Obenheim, Alsacia