Oberth, Hermann Julius
Oberth, Hermann Julius
Científico alemán. Está considerado un dos abandeirados da astronáutica teórica. Cursou estudos de física e de matemáticas en Múnic e exerceu a docencia de grao medio. En 1930 fixo o ensaio do foguete propulsor “Kegeldüse” no Instituto de Química Técnica de Plötzensee, axudado por Wernher von Braun. Publicou obras polémicas que serviron de base ao desenvolvemento da “V-2” alemá, e traballou, durante a Segunda Guerra Mundial, na estación experimental de foguetes de Peenemünde. Recibiu o premio Robert Esnault Pelterie-Hirsch (1930), e o premio G. Edward Pendray da American Rocket Society (1956).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : actual Sibiu, Transilvania -
Deceso
Lugar : Nuremberg