oblicuo -cua
oblicuo -cua
(< lat oblīquu)
-
adx
[MAT]
-
Aplícase ás rectas e aos planos que non son perpendiculares nin paralelos entre eles.
-
Aplícase ao prisma determinado pola intersección dunha superficie prismática con dous planos non perpendiculares ás arestas desta.
-
Aplícase ao cilindro determinado pola intersección dunha superficie cilíndrica con dous planos non perpendiculares á xeratriz da superficie.
-
Aplícase ao cono e á pirámide que ten unha altura que non corta a respectiva base no seu centro.
-
-
adx
[LING]
Aplícase a calquera dos casos da declinación que non sexa nin o nominativo nin o vocativo. O acusativo é considerado un caso recto por algúns, mentres que oblicuo por outros.
-
músculo oblicuo
[ANAT]
Músculo que non está disposto paralelamente ao eixe de simetría do corpo como os do ventre e do ollo.