oblicuo -cua

oblicuo -cua

(< lat oblīquu)

  1. adx [MAT]
    1. Aplícase ás rectas e aos planos que non son perpendiculares nin paralelos entre eles.

    2. Aplícase ao prisma determinado pola intersección dunha superficie prismática con dous planos non perpendiculares ás arestas desta.

    3. Aplícase ao cilindro determinado pola intersección dunha superficie cilíndrica con dous planos non perpendiculares á xeratriz da superficie.

    4. Aplícase ao cono e á pirámide que ten unha altura que non corta a respectiva base no seu centro.

  2. adx [LING]

    Aplícase a calquera dos casos da declinación que non sexa nin o nominativo nin o vocativo. O acusativo é considerado un caso recto por algúns, mentres que oblicuo por outros.

  3. músculo oblicuo [ANAT]

    Músculo que non está disposto paralelamente ao eixe de simetría do corpo como os do ventre e do ollo.