obra
(< lat opĕra ‘traballo’)
-
s
f
-
Cousa feita ou producida por algo ou alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “A boa obra ao mestre honra.”
Ex: O roubo foi obra dunha banda de delincuentes. Ese feito só pode ser obra túa.
-
Produto que resulta da aplicación da actividade humana desde o ámbito das ciencias, das letras ou das artes.
Ex: Expuxeron varias obras de Dalí. Gravaron un disco coas mellores obras de Falla.
-
Libro que constitúe o traballo literario dun autor.
Ex: Esta novela é a súa mellor obra.
-
Conxunto da produción artística, literaria ou científica dun autor.
Ex: A obra dos principais autores galegos atópase nesta biblioteca.
-
Peza literaria para ser representada nun teatro.
Ex: Está en escena unha obra con moi boas críticas.
-
-
-
s
f
Aquilo en que se traballa, especialmente edificio en construción.
Ex: Xa están traballando no último piso da obra. A obra aínda non está rematada, falta un lateral.
-
s
f
obra a óso
[CONSTR]
Lugar ou sitio en que se constrúe algunha cousa.
Ex: Foi á obra para saber como estaba o traballo.3
-
s
f
-
s
f
Reparación, reforma ou calquera outro traballo de albaneis.
Ex: A cafetaría non abrirá a próxima semana porque vai estar en obras.
-
[RELIX]
-
s
f
Acción humana no tocante á súa conformidade cos deberes morais e relixiosos. Para os católicos é meritoria e necesaria para a salvación. Na tradición oral recóllense ditos como: “ Unha boa obra págase con outra. As obras de cada un logo din quen é. A fe sen obras é fe morta. Boas palabras e malas obras hainas a sobras. As moitas parolas son sinais de poucas obras.”OBS: Emprégase habitualmente en plural.
-
obra de misericordia
obra de misericordia.
-
obra dunha parroquia
Fondo destinado á conservación dunha parroquia.
-
obra pía
Institución de beneficencia de carácter relixioso.
-
s
f
-
[MAR]
-
s
f
Cada unha das dúas partes en que se pode considerar dividido o buque.
-
obra morta
Parte do casco dun buque comprendida desde a liña de flotación ata a borda, e todo o que está sobre esta.
-
obra viva
Parte do casco dun buque comprendida entre a quilla e a liña de flotación.
-
s
f
Frases feitas
-
De obra. Con feitos e non con palabras.
-
Poñer(se) mans á obra/Poñerse á obra. Comezar un traballo ou unha actividade.
-
Por obra de. Por intervención de.
Refráns
- Obreiro en xaneiro pan che comerá e obra non che fará.