obra

obra

(< lat opĕra ‘traballo’)

  1. s f
    1. Cousa feita ou producida por algo ou alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “A boa obra ao mestre honra.”

      Ex: O roubo foi obra dunha banda de delincuentes. Ese feito só pode ser obra túa.

    2. Produto que resulta da aplicación da actividade humana desde o ámbito das ciencias, das letras ou das artes.

      Ex: Expuxeron varias obras de Dalí. Gravaron un disco coas mellores obras de Falla.

    3. Libro que constitúe o traballo literario dun autor.

      Ex: Esta novela é a súa mellor obra.

    4. Conxunto da produción artística, literaria ou científica dun autor.

      Ex: A obra dos principais autores galegos atópase nesta biblioteca.

    5. Peza literaria para ser representada nun teatro.

      Ex: Está en escena unha obra con moi boas críticas.

    1. s f

      Aquilo en que se traballa, especialmente edificio en construción.

      Ex: Xa están traballando no último piso da obra. A obra aínda non está rematada, falta un lateral.

    2. s f obra a óso [CONSTR]

      Lugar ou sitio en que se constrúe algunha cousa.

      Ex: Foi á obra para saber como estaba o traballo.3

  2. s f

    Reparación, reforma ou calquera outro traballo de albaneis.

    Ex: A cafetaría non abrirá a próxima semana porque vai estar en obras.

  3. [RELIX]
    1. s f

      Acción humana no tocante á súa conformidade cos deberes morais e relixiosos. Para os católicos é meritoria e necesaria para a salvación. Na tradición oral recóllense ditos como: “ Unha boa obra págase con outra. As obras de cada un logo din quen é. A fe sen obras é fe morta. Boas palabras e malas obras hainas a sobras. As moitas parolas son sinais de poucas obras.”OBS: Emprégase habitualmente en plural. 

    2. obra de misericordia

      obra de misericordia.

    3. obra dunha parroquia

      Fondo destinado á conservación dunha parroquia.

    4. obra pía

      Institución de beneficencia de carácter relixioso.

  4. [MAR]
    1. s f

      Cada unha das dúas partes en que se pode considerar dividido o buque.

    2. obra morta

      Parte do casco dun buque comprendida desde a liña de flotación ata a borda, e todo o que está sobre esta.

    3. obra viva

      Parte do casco dun buque comprendida entre a quilla e a liña de flotación.

Frases feitas

  • De obra. Con feitos e non con palabras.

  • Poñer(se) mans á obra/Poñerse á obra. Comezar un traballo ou unha actividade.

  • Por obra de. Por intervención de.

Refráns

  • Obreiro en xaneiro pan che comerá e obra non che fará.