obreiro -ra
(< lat operarĭu)
-
adx
Relativo ou pertencente aos obreiros.
-
-
adx e s
Que ou quen traballa nun oficio manual en calidade de asalariado.
-
obreiro cualificado
[ECON]
Obreiro que, despois de pasar un período de proba previsto ou regulamentario, executa unha tarefa para a que precisa un certificado de aptitude profesional semellante á que se require para o coñecemento dun oficio.
-
obreiro especializado/especialista
[ECON]
Obreiro que executa nun taller operacións que non requiren o coñecemento do oficio, pero si un período de prácticas e de adaptación.
-
adx e s
-
s
m
[HIST/DER]
Persoa que tiña ao seu cargo a administración ou a obra dunha parroquia, unha confraría ou outra institución relixiosa ou benéfica. Os obreiros de parroquia eran escollidos polas universidades e estaban presididos por un cóengo, ata que no s XVIII comezaron a ser nomeados polos bispos. Algúns concellos atribuíronse a continuidade das antigas universidades e seguiron nomeando obreiros ata o Concilio Vaticano II.
Refráns
- O esqueiro na man do obreiro é un bo compañeiro.
- Sol posto, obreiro solto.
- Súa o traballador, para o que non é suador.