obreiro -ra

obreiro -ra

(< lat operarĭu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos obreiros.

    1. adx e s

      Que ou quen traballa nun oficio manual en calidade de asalariado.

    2. obreiro cualificado [ECON]

      Obreiro que, despois de pasar un período de proba previsto ou regulamentario, executa unha tarefa para a que precisa un certificado de aptitude profesional semellante á que se require para o coñecemento dun oficio.

    3. obreiro especializado/especialista [ECON]

      Obreiro que executa nun taller operacións que non requiren o coñecemento do oficio, pero si un período de prácticas e de adaptación.

  2. s m [HIST/DER]

    Persoa que tiña ao seu cargo a administración ou a obra dunha parroquia, unha confraría ou outra institución relixiosa ou benéfica. Os obreiros de parroquia eran escollidos polas universidades e estaban presididos por un cóengo, ata que no s XVIII comezaron a ser nomeados polos bispos. Algúns concellos atribuíronse a continuidade das antigas universidades e seguiron nomeando obreiros ata o Concilio Vaticano II.

Refráns

  • O esqueiro na man do obreiro é un bo compañeiro.
  • Sol posto, obreiro solto.
  • Súa o traballador, para o que non é suador.

Palabras veciñas

obreira | obreirismo | obreirista | obreiro -ra | Obrenović | obrepción | obrepticio -cia