obreira

obreira

(< obreiro)

adx e s f [ENTOM]

Aplícase á femia estéril das diversas especies de insectos sociais, como as abellas, as formigas e os térmites. As obreiras das abellas, que son as máis representativas, son femias desenvolvidas imperfectamente, e dos seus ovos só nacen machos (partenoxénese), posto que non teñen posibilidade de ser fecundadas. Son os individuos máis importantes da colonia despois da raíña, e levan a cabo toda a organización e os traballos da mesma, incluso o control da posta da raíña.