observación

observación

(< lat observatiōne)

  1. s f

    Acción de observar.

  2. s f

    Comentario ou indicación que se fai sobre algo relacionado cunha persoa.

    Ex: Fíxolle algunhas observacións sobre o seu comportamento.

  3. s f

    Nota ou comentario que se fai a un texto para chamar a atención de algo.

  4. s f [FILOS]

    Método científico que se diferenza da experimentación no feito en que non hai intervención do suxeito cognoscente para modificar as condicións do fenómeno. Os primeiros en sistematizar os métodos de observación foron Francis Bacon e John Stuart Mill.

  5. [MAR]
    1. s f

      Medida efectuada polo piloto dunha embarcación, que permite a determinación da posición e do rumbo.

    2. observación dun astro

      Acción de observar un astro co fin de obter algunha das coordenadas ou algún outro dato.

  6. observación do tiro [BÉL]

    Determinación da situación relativa do obxectivo e dos impactos de proxectís lanzados contra este, para poder introducir as correccións necesarias á dirección e ao ángulo de tiro para mellorar a puntaría.