observador -ra
(< lat observātōre)
-
adx e s
Que ou quen observa.
-
s
-
Persoa que asiste a unha asemblea, reunión, congreso ou concilio sen dereito a intervir nos debates, senón unicamente para presenciar o seu desenvolvemento e para dar conta ao seu goberno ou a quen o comisionou.
Ex: O asesor da empresa foi á reunión en calidade de observador.
-
Persoa encargada de observar unha situación económica, política ou social.
Ex: Os observadores internacionais informaron á ONU de que a situación era caótica.
-
-
s
[BÉL]
-
Militar que ten por misión observar os obxectivos e as posicións do inimigo e corrixir o tiro das armas propias.
-
Militar agregado a unha unidade diferente da súa ou a un exército estranxeiro para recoller información sobre as súas actividades.
-
-
s
m
[TECNOL]
Subsistema que efectúa a observación ou estimación das variables de estado dun sistema.