obstáculo

obstáculo

(< obstacŭlu)

    1. Cousa que dificulta ou impide o paso.

      Ex: Os manifestantes puxeron obstáculos na rúa.

      Confrontacións: atranco.
    2. s m

      Cousa que impide ou dificulta a realización de algo.

      Ex: O seu carácter non foi obstáculo para chegar a un acordo. 

      Sinónimos: atranco. Confrontacións: pexa.
  1. [DEP]

    Cada un dos accidentes naturais ou artificiais que presenta unha pista, en determinados deportes, e que deben ser superados polos participantes.

  2. s m [BÉL]

    Accidente do terreo, natural ou creado artificialmente, capaz de retardar ou de deter o avance inimigo.