obxección

obxección

(< lat obiectĭōne)

  1. s f

    Aquilo que se opón a unha afirmación para combatela ou rebatela.

    Ex: Quería saír con eles pero puxéronme a obxección da idade.

    Confrontacións: inconveniente.
  2. obxección de conciencia [SOCIOL/DER]

    Actitude de quen se nega a obedecer unha orde ou unha lei por considerala inxusta ou inaceptable, facendo prevalecer a decisión da propia conciencia sobre a lei positiva. A obxección de conciencia máis coñecida é a que fai referencia ao servizo militar. As motivacións que levan a esta actitude son de orde moral, relixiosa, política, humanitaria ou filosófica. Na maior parte dos países occidentais, os obxectores quedan exentos do servizo militar e teñen que realizar en cambio unha prestación social substitutiva.

Palabras veciñas

obviar | obvio -via | Obwalden | obxección | obxectábel | obxectabilidade | obxectable