inconveniente
inconveniente
(< lat inconvenĭente)
-
adx
Que non convén ou que se opón ao que convén.
Ex: Tiveron unha visita inconveniente. Tivo unha reacción inconveniente.
Antónimos: conveniente. -
s
m
Dificultade ou obstáculo que impide a realización de algo.
Ex: Por mor de sucesivos inconvenientes, non puideron entregar o traballo nos prazos.
Sinónimos: inconveniencia. Confrontacións: impedimento, obxección. -
s
m
Aspecto negativo, desfavorable ou desvantaxoso que presenta algo.
Ex: Atopo varios inconvenientes en pór só unha ventá.
Sinónimos: inconveniencia. -
s
m
Cousa desagradable ou prexudicial que resulta doutra.
Ex: Aquela apresurada decisión tróuxolle moitos inconvenientes.
Sinónimos: inconveniencia.
Refráns
- Casar, bo é de facer; pero é malo de roer/de soster.
- En todos lados hai unha legua de mal camiño.
- Non hai carne sen óso.
- Non hai mel sen fel.
- Non hai rosas sen espíñas.
- Non hai sardiña sen espiña.
- Non se pescan as troitas coas bragas enxoitas.
- Non se pode guiar ben o carro, se non se tripa o barro.
- O que troitas quere pescar, as calzas ten que mollar.