Occhetto, Achille

Occhetto, Achille

Político italiano. Afiliouse ao Partito Comunista Italiano (PCI) en 1953, e foi nomeado o seu secretario xeral en 1988. No último congreso do partido, que tivo lugar a comezos de febreiro de 1991, adoptouse a resolución de denominar o PCI, Partito Democratico della Sinistra, do que Occhetto conservaría o liderado. Non obstante, o cambio de denominación supuxo a escisión dun grupo que non quixo renunciar á ortodoxia tradicional.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Turín