Occitania

Occitania

Rexión histórica de Francia (190.000 km2; 15.900.000 h [estim 1990]). Limita, ao O, co Océano Atlántico, ao SL co Mar Mediterráneo, ao L penetra en Piemonte, no territorio do actual estado italiano, e toca Liguria. A liña que marca a delimitación setentrional describe dúas curvas pequenas nos extremos e unha grande no centro, e deixa do outro lado desta liña, de L a O, Savoia, a parte alta de Delfinado e de Auvernia, condado da Marca, Limoges e Poitou; a parte meridional limita co Pays Basque francés, Aragón e Catalunya. Occitania componse das rexións de Gascoña, Guyenne, Lemosín, Auvernia, Delfinado, Provenza e Languedoc. Sobre esta división autóctona e tradicional o centralismo francés impuxo a división administrativa en rexións e departamentos, resultado da Revolución Francesa. De acordo con esta división, Occitania quedou comprendida (aínda que os límites non coinciden totalmente) nas rexións administrativas de Aquitania, Lemosín, Auvernia, Rhône-Alpes, Provenza-Alpes-Costa Azul, Midi-Pyrénées e Languedoc-Rosellón.