oceanografía

oceanografía

(< océano + -grafía)

s f [MAR/XEOL]

Ciencia que estuda os océanos. Servíndose da física, a xeoloxía, a bioloxía, a química e as matemáticas, dedícase á exploración das augas e das profundidades mediante os instrumentos de medida e materiais precisos (sonda acústica, fotografía submarina, reflexión sísmica ou escafandros) dos buques oceanográficos e dos batiscafos. Actualmente utiliza tamén sensores remotos situados nos avións ou nos satélites artificiais. Neste sentido, a oceanografía ábrese a novas dimensións, importantes para o futuro da humanidade, xa que pode axudar a localizar xacementos minerais ou a facer predicións de tempo a longo prazo. Proxéctase tamén a obtención dun rendemento enerxético das mareas e das diferenzas de temperatura entre as augas superficiais e as profundas. A oceanografía inclúe unha serie de disciplinas, como por exemplo a oceanografía física, que se ocupa entre outras cuestións ,da interacción das mareas, e a oceanografía biolóxica, que quere comprender as interaccións entre a vida oceánica e o océano.

Palabras veciñas

oceánide | océano | Océano | oceanografía | oceanográfico -ca | oceanógrafo -fa | oceanólogo -ga