Océano

Océano
[MIT]

Divindade grega que, segundo Hesíodo, é fillo de Urano (o Ceo) e de Gea (a Terra), e foi o primoxénito dos Titáns. É a personificación da auga que rodea o mundo, e coa súa irmá Tetis enxendrou todas as augas e a todas as Oceánides. A arte antiga represéntao como un vello barbudo e con cornos.