2 oceánico -ca

2 oceánico -ca

(< topónimo Oceanía)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Oceanía, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s

    Natural ou habitante de Oceanía.

  3. arte oceánica [ARTE]

    Arte desenvolvida en Oceanía. Aínda que cada grupo racial ou étnico xerou a súa propia arte, hai uns trazos comúns a todos eles. Trátase dunha arte marcadamente antinaturalista, en que predomina a tendencia a modificar a textura de todos os temas figurativos. A figura humana represéntase sempre estática, en repouso, tanto encollida como dereita. Utilizan a curva, os debuxos xeométricos e as figuras tridimensionais, así como as máscaras. Os artistas non pretenden copiar a figura humana nin a dos animais, senón representar forzas sobrenaturais e realizar encarnacións palpables da forza creadora.

  4. linguas oceánicas [LING]

    Grupo de linguas do phylum austronesio que se falan nas illas de Oceanía desde Nova Guinea ata Hawaii. Subdivídese en tres subgrupos: melanesio, polinesio e micronesio.

Palabras veciñas

OCDE | Oceanía | 1 oceánico -ca | 2 oceánico -ca | oceánide | océano | Océano