oclusivo -va
oclusivo -va
(< lat occlūsu)
-
adx
Que produce oclusión.
-
adx e s
f
[LING]
Que se caracteriza, articulatoriamente, por unha interrupción completa e momentánea da corrente fónica. As oclusivas típicas constan dunha fase de oclusión ou silencio e dunha fase de distensión explosiva. En galego /p/, /t/, /k/ son fonemas oclusivos xordos e /b/, /d/, /g/ sonoros.