O’Connor, Sinead

O’Connor, Sinead

Cantante de rock. En 1983 formou o grupo Ton Ton Macoute e dous anos máis tarde trasladouse a Londres para gravar o seu primeiro disco The Lion and the Cobra (1987). Co tema “Nothing compares 2 U” conseguiu o número 1 das listas de éxitos de todo o mundo e co seu álbum I do not want what I haven t got (1990) gañou tres premios MTV (1990). Protagonista do filme Hush-A-bye-Bye (1990), outros traballos discográficos salientables son Am I Not Your Girl? (1992), Faith and Courage (2000) e She Who Dells in the Secret Place... (2003).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Dublín