Octante

Octante
[ASTRON]

Constelación austral que se sitúa entre as de Pavo, Tucano, Hidra macho, Mesa, Camaleón e Ave do Paraíso. A estrela α-Octantis está a unha distancia de 148 anos-luz e ten unha magnitude aparente de 5,4. En Octante, o astro máis brillante está catalogado como β-Octantis e ten unha magnitude aparente de 4,34. A rexión do firmamento ocupado por Octante contén tamén o polo sur celeste.

Palabras veciñas

octanol | Octans | octante | Octante | octapéptido | Octateuco | Octavia