octanol
octanol
( 1 ol)
s
m
[QUÍM]
Cada un dos alcohois isómeros de fórmula C8H18O que derivan do n-octano. Os máis importantes son o 1-octanol, líquido que ferve a 194,5°C, que se obtén por redución do ácido caprílico e que se emprega en perfumaría e como antiespumante, e o 2-octanol, líquido que ferve a 180°C, que se obtén por destilación do ricinoleato sódico en presenza dun exceso de hidróxido sódico.