octanol

octanol

( 1 ol)

s m [QUÍM]

Cada un dos alcohois isómeros de fórmula C8H18O que derivan do n-octano. Os máis importantes son o 1-octanol, líquido que ferve a 194,5°C, que se obtén por redución do ácido caprílico e que se emprega en perfumaría e como antiespumante, e o 2-octanol, líquido que ferve a 180°C, que se obtén por destilación do ricinoleato sódico en presenza dun exceso de hidróxido sódico.

Palabras veciñas

octandro -dra | octano | octanoico, ácido | octanol | Octans | octante | Octante