octano
octano
(
-
s
m
[QUÍM]
Alcano que aparece no petróleo e que pode presentar 18 isómeros de cadea. Os máis importantes son o n-octano e o isooctano.
-
índice/número de octano
[QUÍM]
Número que indica a velocidade de detonación dun combustible líquido nunhas condicións de análise estándar. Arbitrariamente asígnase o índice de octano cero ao n-heptano e o índice cen ao isooctano. Un índice de octano de 96 indica que a velocidade de detonación do combustible na análise estándar é igual á dunha mestura de 96 partes de isooctano e 4 partes de n-heptano.
Sinónimos: octanaxe.