octano

octano

(

  1. s m [QUÍM]

    Alcano que aparece no petróleo e que pode presentar 18 isómeros de cadea. Os máis importantes son o n-octano e o isooctano.

  2. índice/número de octano [QUÍM]

    Número que indica a velocidade de detonación dun combustible líquido nunhas condicións de análise estándar. Arbitrariamente asígnase o índice de octano cero ao n-heptano e o índice cen ao isooctano. Un índice de octano de 96 indica que a velocidade de detonación do combustible na análise estándar é igual á dunha mestura de 96 partes de isooctano e 4 partes de n-heptano.

    Sinónimos: octanaxe.

Palabras veciñas

octámetro | octanaxe | octandro -dra | octano | octanoico, ácido | octanol | Octans