Odense
Odense
Capital do amt de Fyn, na illa de Fyn, Dinamarca (183.691 [estim 2001]). É o segundo núcleo industrial do país con industrias alimentarias, metalúrxicas, mecánicas e téxtiles. Ten un porto importante que enlaza con Odensefjord por un canal de 8,2 km. Sé episcopal desde o s X, en 1527 celebrouse a sesión parlamentaria que deu liberdade de culto aos protestantes.