Oder
Oder
Nome científico: [polaco e checo: Odra]
Río de Europa, tributario do Mar Báltico (912 km de lonxitude). Nace no extremo suroriental da Sudety, ao pé do Oderské, na República Checa, onde rega Moravia Setentrional, pasa por Ostrava, e augas abaixo entra en Polonia, que percorre de SL a NO. Rega a Baixa Silesia, pasa por Breslau e, poucos quilómetros antes de Eisenhüttenstadt, recibe o Neisse de Lusacia, e desde esta confluencia serve de límite fronteirizo entre Polonia e Alemaña, ata pouco antes de desembocar no golfo de Szczecin. É un río de chaira que marca a transición dos ríos da Europa Occidental aos da Oriental. É navegable e queda unido por canais co Elba.