Odets, Clifford
Odets, Clifford
Dramaturgo estadounidense. Entrou a formar parte na década de 1930 do Group Theatre, onde comezou a súa carreira de dramaturgo, marcada polas súas ideas comunistas e as influencias de K. Stanislavskij e o expresionismo alemán. En Broadway (1935) representáronse catro das súas creacións: Waiting for Lefty, Till the Day I die, Paradise Lost e Awake and Sing! Posteriormente, realizou as obras Golden Boy (1937), The Big Knife (1949) e Sweet Smell of Sucess (1957).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Philadelphia, Pennsylvania -
Deceso
Lugar : Hollywood, California