Odoario
Odoario
Bispo de Lugo e de Braga. Fuxiu da diocese de Lugo coa chegada dos árabes (716) e volveu en 740 cando a reconquistou Afonso I o Católico. Consérvase o seu “primeiro testamento” de 15 de maio de 747, en que especifica a doazón a Santa María de Lugo, da cidade e doutros bens e igrexas. Este documento, falso, probablemente foi confeccionado no s XI. O “segundo testamento”, de 5 de xuño de 760 relata o seu nomeamento en África e a súa viaxe ata Lugo coa fin de reconstruíla e repoboala despois dos ataques musulmáns.