Odón I de Aquitania ou Eudes

Odón I de Aquitania ou Eudes

Duque de Aquitania e de Gascoña (685?-735). Rexeu o territorio comprendido entre os Pireneos, o Atlántico, o Loire e o Ródano, e chegou a traspasar este. En 717 foi recoñecido como soberano por Khilperico II de Neustria-Austrasia e aliouse con el para loitar contra Carlos Martel, pero foi derrotado en 718 ou 719. Ao ano seguinte fixo as paces con Carlos e entregoulle a Khilperico. En 731 aliouse co valido da Narbonense, o bérber Munussa, que se sublevara contra Córdoba, pero este foi derrotado en Libia por ‘Abd al-Ra ḥ mān ibn ‘Abd Allāh al-Gāfiquī. En 732 al-Gāfiquī tomou Bordeos, desfixo as tropas aquitanas e saqueou Poitiers, ata que foi derrotado e morto por Carlos Martel.