Oehlenschläger, Adam Gottlob

Oehlenschläger, Adam Gottlob

Escritor dinamarqués. Tratou con Goethe, Fichte, Schleiermacher, De Stäel e Thorwaldsen nunha viaxe por Alemaña. Á volta da mesma foi nomeado profesor de estética da Universidade de Copenhague (1809). Converteuse nun dos máximos románticos escandinavos e nun decisivo renovador da literatura danesa. Da súa produción, marcada polo gusto polo fantástico, fundamentado nas lendas nórdicas e na historia europea, cómpre salientar Digte (Poesías, 1803) e Poetiske Skrifter (Escritos poéticos, 1805), que inclúen o drama “Aladdin”. Da súa produción novelística destacan Helge (1814) e Nordens Guder (Os deuses do Norte, 1819), e as traxedias Palnatok (1809) e Axel og Valborg (1810). Arrastrado á loita contra as novas correntes introducidas por Heibert, escribiu Ørvarodds Saga (A saga dos Ørvarodds, 1841).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vesterbro

  • Deceso

    Lugar : Copenhaguen